Imatge del perfil de Bea Saiáns

Bea Saiáns

Directora | Guionista | Productora

Dades de contacte

DESCRIPCIÓ

Bea Saiáns (Vigo, 1991). É graduada pola UVIGO en Comunicación Audiovisual (2016). Complementando a súa formación co Instituto Politécnico do Porto e a Universidade Católica Portuguesa. Está especializada en Comunicación e Xénero (Universitat Autònoma de Barcelona, 2018). A nivel formativo foi beneficiaria do CIMA Mentoring (2021) organizado polo ICAA, Netflix e CIMA na especialidade de Dirección de fotografía.

No 2022 saca á luz a produtora CRU, nese ano é recoñecida co 1º Premio Provincial da Xuventude a Mellor Iniciativa Empresarial outorgado pola Deputación de Pontevedra, polo seu compromiso coas equipas diversas. Polo mesmo motivo, no 2026 recibe a Inclusion Bagde Iniciative para asistir ao European Film Market de Berlinale grazas o convenio con CIMA.

Saiáns é guionista e directora da serie RÉXIME (2025) para Televisión de Galicia, que recibe a residencia audiovisual (2021) de Centre Francesca Bonnemaison e o acceso ao programa de desenvolvemento AGAPI COPROS coa produtora Portocabo (2023). Está dispoñible en Agalega da CRTVG. Tamén guioniza, dirixe e produce a webserie Delirio Sketchs dispoñible en Filmin (Portugal) unha coprodución coa produtora portuguesa Cimbalino Filmes. Esta serie recibe o programa de titorización de AGAG Fundación SGAE, o acceso ao Conecta+ de CREA. É gañadora no Festival Carballo Interplay (2024) ao Premio a Mellor Proxecto de Contido Dixital en Galego. Así como dunha mención de honra no Festival Curtocircuito (2025) e é parte da Selección Oficial do Festival Carballo Interplay (2026), Festival Rir ou Mac Marín entre outras seleccións.

A súa curtametraxe experimental PLUMASS, estréase no Festival Intersección (2025). Este proxecto é un encargo financiado por Braga25, para Órbita no gnration (Braga). Recibe apoio de Residencias Nortear GNPAECT, AGADIC e Xunta de Galicia. Formou parte dos Spanish Screenings do Málaga Short Corner do Festival de Málaga (2026).

Actualmente está escribindo a súa primeira longametraxe, á par que desenvolve e produce ficcións e non ficcións en diferentes formatos e para diferentes canles, de creadoras galegas.

SUBSCRIU-TE AL NOSTRE NEWSLETTER
SEGUEIX-NOS
CONTACTE
info@donesvisuals.cat
Sant Pere més Baix, 7, 3a planta,
08003 Barcelona
ESCRIU-NOS
CREAR PERFIL